Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2015 polo que se notifica a resolución de alzada ditada no expediente DH.A36.02621 en materia de dominio público hidráulico.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de alzada do director de Augas de Galicia ditada no expediente DH.A36.02621 en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos.

Contra esta resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que os recorrentes teñen o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.A36.02621

CC.UU. Traída de Augas As Mariñas

As Mariñas, 7 Mougás

36309 Oia

8.4.2015

Desestima