Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33223

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de agosto de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión de axudas de mobilidade complementarias ás concedidas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2014/15, convocadas pola Orde do 2 de decembro de 2014.

Visto o recurso de reposición interposto por Yésica Mariño Gómez (DNI 35585650G) o día 18 de xuño de 2015, contra a Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 7 de maio de 2015 pola que se lle denegou unha axuda solicitada ao abeiro da Orde do 2 de decembro de 2014, pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás concedidas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2014/15 (DOG do 2 de xaneiro de 2015).

Tendo en conta que o artigo 2 da citada Orde do 2 de decembro de 2014 establece que as axudas poderán ser incrementadas de acordo coas dispoñibilidades económicas da consellería, de conformidade cos supostos recollidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, e por proposta do secretario xeral de Universidades de ampliación de crédito por importe de 720 euros para facer fronte ao recurso de reposición presentado por Yésica Mariño Gómez.

Polo que, de acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Aprobar unha ampliación de crédito por importe de 720 euros para dedicar a ampliación da convocatoria de axudas complementarias ás concedidas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, para facer fronte ao recurso de reposición interposto por Yésica Mariño Gómez (DNI 35585650G).

Esta ampliación de crédito realízase con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, na cal existe crédito adecuado e suficiente para a dita ampliación.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria