Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación da subministración de enexía eléctrica.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Servizos Enerxéticos. Nº de expediente 15696-444.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de enerxía eléctrica en baixa e media tensión para as distintas instalacións e dependencias de titularidade do Concello de Vigo. División por lotes: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: si; unha dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 4.200.008,95 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e a folla de especificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 18 de setembro de 2015.

Documentación: a exixida na cláusula 12ª do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 7 de agosto de 2015

P.D. (Decreto do 29.7.2014 e Acordo do 30.7.2014)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación