Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2015/186-1).

Número de expediente: IN407A 2015/186-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación LMTS EDAR Malpica.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 32 m, coa orixe en cela de liña existente no CT Punta da Plancha (expediente 351/07), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes proxectados na LMTS CBA-805, no tramo entre o CT Punta da Plancha (expediente 351/07) e o CS Confraría de Pescadores, despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento EDAR Malpica, que será instalada polo peticionario.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

P.A. (Artigo 30.3 Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial