Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se acorda ampliar o prazo de presentación de proposicións para concorrer á licitación do acordo marco cun único empresario do servizo de mantemento de portas automáticas, ascensores e outros aparellos de elevación pertencentes aos centros e dependencias administrativos dependentes desta consellería (expediente 20/2015).

Nas datas do 28 de xullo de 2015, do 5 de agosto de 2015 e do 14 de agosto de 2015 publicouse respectivamente, no Diario Oficial de la Unión Europea, no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se anunciaba a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do acordo marco cun único empresario do servizo de mantemento de portas automáticas, ascensores e outros aparellos de elevación pertencentes aos centros e dependencias administrativas dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. O prazo de presentación de proposicións termina o día 1 de setembro de 2015. Non obstante, dado que algún dos centros participantes na presente licitación atópase pechado durante este período estival e co obxecto de posibilitar que as eventuais empresas licitadoras poidan realizar as visitas técnicas previstas no número 3 do PPT, considérase oportuno acordar a ampliación do prazo de presentación de proposicións co fin de facilitar a concorrencia, e sen que isto supoña prexuízo algún para os intereses de terceiros.

Visto o que antecede, acórdase ditar a seguinte

Resolución:

Primeiro. Ampliar o prazo de presentación de proposicións por un período de quince días naturais a partir do día 1 de setembro de 2015, polo que o prazo para a presentación de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 16 de setembro de 2015.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2015

P.S. (Resolución do 29.7.2015)
Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Coordinación Administrativa