Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 242/2012).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 242/2012

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 549/2012

Sobre: ordinario

Demandante: María Silvia Velo Barcia

Demandado: Consultin Técnico CPM Studio, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 242/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Silvia Velo Barcia contra Consultin Técnico CPM Studio, S.L., sobre ordinario, se ditaron decreto en data 15.4.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Acordo:

Aclarar o decreto de data 27 de novembro de 2013 no sentido de onde di “Declarar a executada Consultin Técnico CPM Studio, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 27.261,28 euros de principal [22.381,24 euros en concepto de indemnización + 4.880,04 euros en concepto de salario de tramitación], máis 2.726,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional,”; debe dicir: “Declarar a executada Consultin Técnico CPM Studio, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 34.400,73 euros de principal [22.381,24 euros en concepto de indemnización + 4.880,04 euros en concepto de salario de tramitación + 7.139,45 euros en concepto de salarios deixados de percibir], máis 3.440,07 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Modo de impugnacion: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución, que aquí aclara/suma.

Así o acordo e asino; dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Consultin Técnico CPM Studio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial