Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (167/2015).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 167/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Justo Prado Vázquez contra Rovi-Lugo, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Considero a demanda presentada por Justo Prado Vázquez, representado polo graduado social Sr. Palmón Díaz, contra Rovi-Lugo, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 23 de xaneiro de 2015.

– Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución, opte, e que llo comunique a este xulgado, ben pola readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 23 de xaneiro de 2015 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 21,88 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 1.143,23 euros.

– Condeno a empresa demandada a lle aboar ao demandante, en concepto de liquidación consecuencia do despedimento, a cantidade de 544,77 euros, que devindicará desde a data de proposta da conciliación previa (4 de febreiro de 2015) o xuro moratorio do 10 %.

As cantidades a cuxo aboamento foi condenada a mercantil empregadora serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que lle son propios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para interpor recurso no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0167-15, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente a este procedemento 2322-0000-60-0167-15, a cantidade obxecto da condena; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro por primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente a este procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Para que sirva de notificación en forma a Rovi-Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 29 de xullo de 2015

O secretario xudicial