En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, sobre depósito dos estatutos das organizacións constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, reguladora do dereito de asociación sindical, faise público que nesta dirección xeral se recibiu certificación da Asemblea Xeral extraordinaria da Asociación Galega de Guionistas, que tivo lugar o 3 de xullo de 2015, onde acordaron por unanimidade trasladar o expediente da dita asociación ao rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se procede ao traslado do expediente da dita asociación ao citado rexistro e á súa baixa no Rexistro de Organizacións Profesionais de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015
P.D. (Disposición adicional primeira
do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
