Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34343

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xullo de 2015 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo) convocouse procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres, así como procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen prexuízo do establecido na base décimo quinta, puntos 1 e 4, da Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo), tendo en conta as necesidades do servizo, e de conformidade co establecido na base décimo sexta da citada orde, os aspirantes seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios en prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios en prácticas os aspirantes que se relacionan no anexo da Orde do 28 de xullo de 2015 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou os procedementos selectivos convocados pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo).

Segundo. Concederlles o aprazamento da fase de prácticas a Fernando Eijo Díaz, DNI 36170302L, da especialidade de Primaria; Adela Guinarte Varela, DNI 44479533V, da especialidade de Pedagoxía Terapéutica, e Alicia Elena Gómez Pérez, DNI 47356314G, da especialidade de Audición e Linguaxe, que superaron o procedemento selectivo no corpo de mestres.

Terceiro. O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2015, ou desde a súa toma de posesión, se esta fose posterior.

Cuarto. O persoal aspirante ao corpo de inspectores de educación fará as prácticas na sede da inspección que se relaciona no anexo I, e tomará posesión con efectividade do 1 de setembro de 2015.

Quinto. O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Sexto. Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionario en práctica, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo).

Sétimo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria