En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención e vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais nas precampañas e campañas dos anos 2015, 2016 e 2017.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22237
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 14 de abril de 2015; BOE do 20 de abril de 2015 e DOG núm. 79, do 28 de abril de 2015.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación:
Importe total: 1.070.160,00 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Valor estimado: 2.848.880,00 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).
5. Adxudicación e formalización do contrato:
a) Data da resolución de adxudicación: 26 de xuño de 2015.
b) Adxudicataria: Ute Inaer Galicia, S.L.-Inaer Helicópteros, S.A.U.-Consultoría Natutecnia, S.L.
c) Importe: 1.069.796 € (exento de IVE).
d) Data de formalización do contrato: 23 de xullo de 2015.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2015
P.A. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes