Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35147

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 24 de agosto de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de xullo de 2015.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 8 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 134, do 17 de xullo), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 134, do 17 de xullo).

Segundo

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro

O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

O/A xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Vila Pérez, Carlos.

NRP: 3331694102 A2068.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefe/a territorial.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.000.27001.001.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 16.125,12 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado, comunidades autónomas e Administración local.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).