Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista consistente nunha estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e na extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural a Cervo (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/16-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista consistente nunha estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e na extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural a Cervo (Lugo), que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A.

Peticionario:

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 4.3.2008 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Cervo (Lugo), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (7.4.2008) e no Boletín Oficial da provincia (2.4.2008).

O 11.9.2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou o proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural en Cervo, promovido por Gas Galicia SDG, S.A. Segundo consta neste proxecto de execución, a subministración de gas natural realizarase desde unha planta de gas natural licuado (GNL) que se situará no parque empresarial de Cuíña (no concello de San Cibrao), desde a cal partirá a rede de distribución cara ao núcleo urbano de Cervo, cunha lonxitude de 8.416 m.

O 14.9.2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa e se aprobou o proxecto de execución da planta satélite de GNL para subministración á rede de distribución de gas natural do termo municipal de Cervo (Lugo), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (16.10.2009) e no Boletín Oficial da provincia (10.10.2009).

O 7.9.2010 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa e se aprobou a addenda I ao proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural en Cervo, que se publicou no Diario Oficial de Galicia (18.10.2010) e no Boletín Oficial da provincia (8.10.2010). Segundo consta nesta addenda I, a rede de distribución no núcleo urbano de Cervo ampliarase en 2.470 m.

O 7.5.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou a addenda II ao proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural en Cervo. Segundo consta nesta addenda II, a rede de distribución no núcleo urbano de Cervo ampliarase en 283 m.

Obxecto da petición:

O 12.6.2015 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista, cuxo proxecto leva por título «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural a Cervo (Lugo)».

Con esta infraestrutura gasista, a subministración de gas natural á rede de distribución do núcleo urbano de Cervo, inicialmente proxectada desde unha planta satélite de GNL, pasará a realizarse desde o gasoduto de transporte básico da Mariña lucense.

Descrición das instalacións:

O proxecto «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural a Cervo (Lugo)» prevé a instalación dunha estación de regulación e medida (ERM) para a subministración de gas natural á rede de distribución de Cervo e a extensión de rede necesaria para levar o gas desde esta ERM ata o futuro punto de conexión coa rede existente no núcleo urbano.

As instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmense nun total de 396 m de tubaxe de polietileno e aceiro de diferentes diámetros e o seu alcance resúmese nos seguintes puntos:

– Instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q 2500 D, que se instalará no interior da posición 06 do gasoduto de transporte básico da Mariña lucense.

– Execución dunha extensión de rede en MOP 4 bar, dende a saída da ERM ata o punto de conexión coa rede de distribución existente en Cervo, na estrada da Deputación LU-P1510 no seu p.q. 1+200.

– Instalación de válvulas de corte para a regulación e control do fluxo de gas á entrada e saída da ERM.

Termo municipal afectado:

A solicitude afecta o termo municipal de Cervo, na provincia de Lugo.

Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de cincuenta e seis mil cento corenta e sete euros con oitenta e dous céntimos (56.147,82 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, rolda da Muralla, 70, 27021 Lugo.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas