Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de peón coveiro suxeita ao réxime laboral e con carácter interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 179, do 6 de agosto de 2015, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de peón coveiro, suxeito ao réxime laboral e con carácter interino do Concello de Ribadeo.

De conformidade co previsto na base 7ª das referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 6 de agosto de 2015

(Decreto 2015/300, do 4 de agosto)
Ana María Martínez Fernández
Alcaldesa accidental