Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de xestión do servizo público para a explotación das estacións depuradoras de augas residuais de Ponte Caldelas e Comboa (clave OH.336.1094/XSP).

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augas.cmati.xunta.es/

Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación.

Valor estimado do contrato: 3.579.899,80 euros. Inclúe o orzamento de licitación, así como os importes previstos no contrato, correspondentes ás eventuais prórrogas contractuais e á opción de aboamento pola depuración e o tratamento de maiores caudais de augas residuais e cantidade de residuos que os inicialmente estimados.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: xestión de servizo público.

Descrición: explotación das estacións depuradoras de augas residuais de Ponte Caldelas e Comboa (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1094/XSP.

CPV (referencia de nomenclatura): 65120000-0.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 248, do 29 de decembro de 2014.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 699.632,82 euros. Importe total: 769.596,10 euros.

Data de adxudicación: 23 de xullo de 2015.

Importe de adxudicación:

Importe neto: 594.072,79 euros. Importe total: 653.480,07 euros.

Data de formalización do contrato: 3 de agosto de 2015.

Contratista: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia