Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Larouco (expediente IN407A 2015/40-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Avícola Faisa, S.L.

Domicilio social: rúa Doutor Vila, nº 23, 32350 A Rúa.

Denominación: LMT e CT Granxa Avícola Faisa.

Situación: Larouco.

Descricións técnicas: LMT aerosubterránea a 20 kV de 46 m en aéreo con condutor LA-56/54,6 mm2 Al e 670 m en subterráneo con condutor RHZ1 12/20 kV 3×1×95 mm2 Al e con orixe no apoio nº 43 LMT A Rúa-806 (entroncamento) e remate no CT aéreo proxectado Avícola Faisa de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 65.056,82 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; rúa Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 6 de xullo de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas