Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de material para terapias de hemodiálise e hemodiafiltración en liña (expediente MS-EIL1-15-005).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa. Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

4º. Teléfono: 982 29 60 57.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do útimo día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-EIL1-15-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de material para a realización de terapias de hemodiálise e hemodiafiltración en liña con cesión sen custo do equipamento necesario nos lotes 2 e 3.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si; cinco.

d) Lugar da execución/entrega:

1º. Dr. Ulises Romero, nº 1.

2º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): CPV: 33181000-2 Dispositivos para hemodiálise.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 3.850.088 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.750.040 €. Importe total: 2.117.548,40 €.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE. 87.502 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28.9.2015.

b) Se o último día do prazo de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

c) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

d) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas: non procede.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da 3ª planta do Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade serán por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12.8.2015.

12. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 12 de agosto de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos