Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial da organización e do desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria matriculados en centros docentes dependentes desta consellería (expediente ED-DXEFPIE-03/15 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

c) Número de expediente: ED-DXEFPIE-03/15 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a organización e o desenvolvemento de cursos inglés para alumnado de sexto curso de educación primaria e para alumnado de educación secundaria obrigatoria matriculados en centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) División por lotes e número: lote único.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, das actividades e da entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o valor estimado do contrato é de 120.000 euros (IVE excluído), IVE: 25.200 euros.

Importe total: 145.200 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 95 75 38.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23120

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que deben presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, non sendo que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa