En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 15 da Orde do 9 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, e se convocan para o ano 2015,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 70, do 15 de abril).
As axudas, coa finalidade de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras, destínanse a persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os concellos, propietarias das árbores incluídas no anexo I ou formacións incluídas no anexo II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, e sempre que estas árbores e/ou formacións estean incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras con anterioridade á entrada en vigor da orde, e contan cun crédito orzamentario de 90.000 € e 65.733,33 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.05.541-B.760.2 e 07.05.541-B.780.2 (respectivamente).
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015
Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
MT804B Axudas para a conservación, protección e mellora das árbores
e formacións senlleiras de Galicia
Entidades e persoas beneficiarias |
Total subvención |
Aplicación orzamentaria |
Concello de Bande |
4.120,00 € |
07.05.541-B.760.2 |
Concello de Rairiz de Veiga |
6.000,00 € |
07.05.541-B.760.2 |
Concello de Padrón |
11.491,41 € |
07.05.541-B.760.2 |
Concello do Porriño |
5.130,00 € |
07.05.541-B.760.2 |
Anselmo Felisindo Raimúndez Rodríguez |
4.955,00 € |
07.05.541-B.780.2 |
Rubén Rodríguez Pérez |
4.950,00 € |
07.05.541-B.780.2 |
Manuel Rial Mato |
6.000,00 € |
07.05.541-B.780.2 |
Juan Armada Díez de Rivera |
11.920,00 € |
07.05.541-B.780.2 |
Fundación José Luis Taboada |
8.400,53 € |
07.05.541-B.780.2 |
José González Vázquez |
2.768,48 € |
07.05.541-B.780.2 |
María Anna Martínez Geb Kinader |
3.200,00 € |
07.05.541-B.780.2 |
Fundación Casa Ducal de Medinaceli |
13.600,00 € |
07.05.541-B.780.2 |