Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 147/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 147/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Noya Raño contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto 469/2015.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o trece de agosto de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. María Carmen Noya Raño presentou solicitude de execución da Sentenza 41/2015, do 13 de febreiro, ditada por este órgano xudicial no procedemento de despedimento 264/2014 contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Servanza, S.L. e, atendendo á dita solicitude, con data do 30 de xuño de 2015 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización por despedimento), máis outros 380,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Servanza, S.L., realizada mediante Auto do 18 de xuño de 2010, ditado por este órgano xudicial no procedemento de execución 86/2010.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), ditouse, con data do 30 de xuño de 2015, decreto en que se dá audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen, de ser o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións; poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as pescudas de bens do artigo 250 desta lei e deberáselles dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Nesta executoria cumpríronse os requisitos e trámites de investigación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional, para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Servanza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.808,47 euros en concepto de principal (indemnización por despedimento), máis outros 380,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación da súa expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e sinalar no campo Concepto «Recurso» seguida do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «Recurso» seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2015

A secretaria xudicial