En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axudas ao alugamento do Plan estatal 2013-2016.
Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.
A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 13 de agosto de 2015
P.S. (Resolución do 20.7.2015)
Manuel Álvarez Iglesias
Xefe de Sección de Inspección e Sancións
ANEXO
| Expediente | Nome e apelidos | DNI/NIE | Enderezo | CP | Concello | 
| 201532ALUG00378B | Gheorgita Ilie Ciulacu | X7769723R | Avda. de Bos Aires, nº 183, 3º B | 32004 | Ourense | 
| 201532ALUG00780E | Mayra Santiago Ramírez | 49705461T | Praza das Damas, nº 2, 1º | 32005 | Ourense | 
| 201532ALUG01307C | Antonio Francisco Salinas Monje | 36168868B | R/ Bernardo González Cachamuíña, nº16, 5º D | 32004 | Ourense | 

