De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron acordados pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial está na rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).
O prazo para realizar a comparecencia será de dez días, que comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.
Lugo, 14 de agosto de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
| Expediente | Interesado/s | Acto notificado | 
| LU-RES 2014/173 | Albino Paulo Soares Alves e Constantin Adrián Cirlan | Proposta de resolución de procedemento sancionador | 
| LU-RES 2015/043 | Strugurel Marius State | Proposta de resolución de procedemento sancionador | 
| LU-RES 2015/057 | Alejandro Fernández Bolaño | Proposta de resolución de procedemento sancionador | 

