Por medio desta resolución, ditada polo director da entidade pública Augas de Galicia, procédese a dar publicidade, ao abeiro do establecido na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade, e para os efectos do previsto na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos e, en termos xerais, do cumprimento do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia, da seguinte encomenda de execución:
1. Entidade encomendante.
Organismo: Augas de Galicia.
Actuación: obras.
Tipo de tramitación: encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.
2. Encomenda de xestión.
Título: obra de estabilización de noiros no río Sar. Padrón (A Coruña).
Clave do expediente: OH.415.1093.
Descrición do obxecto: a obra consiste na reposición na marxe dereita do río Sar dunha vía de acceso á ponte de Estramundi no concello de Padrón, así como a execución do necesario para deter os procesos erosivos, recuperar as ribeiras naturais e volver a poñer en servizo a rede de fecais que verte en lámina libre ao río.
Orzamento: importe neto: 258.914,17 euros. Importe total: 313.286,15 euros.
Cofinanciamento da Unión Europea: esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013; eixe prioritario de Intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos; actuación 3.53.2: conservación e mellora das marxes dos ríos. Unha maneira de facer Europa.
Data de formalización: 22 de maio de 2015.
Prazo de execución: tres meses.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2015
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia