Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 37014

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de prevención de riscos laborais, especialidade de medicina do traballo, durante o exercicio 2016.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de prevención de riscos laborais, especialidade de medicina do traballo, para a Deputación Provincial de Ourense durante o exercicio 2016, cun tipo de licitación de 36.894,00 € (IVE e demais impostos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación: www.depourense.es.

Ourense, 31 de agosto de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense