Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37024

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe ( €)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente, e colaboración na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados a Consellería de Traballo e Benestar.

18.182,00 €

20.4.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para a infraestrutura de obra civil para a alimentación eléctrica principal e secundaria en alta tensión das promocións no novo hospital de Vigo.

Sen achega económica

5.5.2015

9ª addenda ao convenio de colaboración asinado o 18 de xullo de 2007 entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

Sen achega económica

29.4.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo PAIME.

38.891,00 €

27.4.2015

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto de Innovación e Desenvolvemento da Responsabilidade Social Sociosanitario no desenvolvemento de proxectos ou actividades que requiran dunha intervención en materias propias do ámbito sanitario.

Sen achega económica

11.5.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social.

5.820,00 €

7.5.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia para o ano 2015.

19.400,00 €

30.4.2015

Protocolo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Arteixo en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde do concello de Arteixo.

Sen achega económica

18.5.2015

Convenios de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as entidades Geriolveira, S.L. e Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica en residencias.

Sen achega económica

16.4.2015

Protocolo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Rúa en relación a accesibilidade interior no centro de saúde da Rúa mediante a consecución dun ascensor exterior.

Sen achega económica

19.5.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Dorzán para prestar o servizo de axuda a domicilio.

Sen achega económica

13.4.2015

Protocolo xeral de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo, para o fomento da doazón de órganos e tecidos na comunidade universitaria.

Sen achega económica

29.5.2015

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Lleida para a realización de practicas externas.

Sen achega económica

12.5.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e o Concello de Carballeda de Valdeorras, para a utilización da sala de fisioterapia sita no centro social do concello.

Sen achega económica

19.1.2015

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Lilly, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

8.6.2015

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Burgos para a realización de prácticas externas.

Sen achega económica

12.6.2015

1ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o ano 2015.

107.265,99 €

27.5.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue.

58.200,00 €

18.6.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Ribeira.

Sen achega económica

12.6.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Laraxe.

Sen achega económica

12.6.2015

Convenio de colaboración educativa entre o Servizo Galego de Saúde e o St. Mary`s Institute for educational excellence, LLC, para a realización de prácticas de observación de alumnos de universidades de USA e Canadá en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Sen achega económica

11.5.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona).

144.286,00 €

27.5.2015

10ª addenda ao convenio de colaboración asinado entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

Sen achega económica

15.5.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Cruz Vermella Española para o desenvolvemento dun modelo de atención psicosocial destinado a persoas con enfermidades avanzadas e aos seus familiares.

Sen achega económica

3.7.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Almirall, S.A. para a realización do taller de interpretación de retinografías en atención primaria.

Sen achega económica

1.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Saúde Carlos III, para o centro colaborador español do Instituto Joanna Briggs.

8.000,00 €

16.6.2015

Acordo de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Soberana Orde de Malta para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia sanitaria a peregrinos.

Sen achega económica

9.7.2015

Addenda de modificación e corrección de erros do Convenio de colaboración de actualización conxunta entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Novoa Santos, para o desenvolvemento do subprograma IS-13 transferencia e difusión de resultados, incluído no proxecto InnovaSaude, cofinanciado nun 80 %, con Fondos Feder, Fondo Tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 03.

549.283,49 €

2.7.2015

Addenda ao convenio de colaboración de actualización conxunta asinado o 12 de setembro de 2014 entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para o desenvolvemento do subprograma IS-13 transferencia e difusión de resultados, incluído no proxecto InnovaSaude, cofinanciado nun 80 %, con fondos Feder, Fondo Tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 03.

55.204,00 €

2.7.2015

Convenio de colaboración entre o Instituto de Saúde Carlos III e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades de avaliación de tecnoloxías no marco da rede española de tecnoloxías sanitarias e prestacións do Sistema nacional de saúde.

Sen achega económica

6.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Barrié para o acceso a diversos programas formativos europeos.

Sen achega económica

6.3.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Lilly, S.A. para o desenvolvemento do proxecto Disney Corner en salas de espera de consultas de endocrinoloxía pediátrica.

Sen achega económica

22.7.2015

Protocolo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Gomesende en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde do concello de Gomesende.

Sen achega económica

16.7.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Astellas Pharma, S.A., para a realización dunha xornada de actualización en proxectos infección cero para profesionais sanitarios das unidades de críticos que participan nos proxectos Pneumonía Zero, Bacteriemia Zero e Resistencia Zero.

Sen achega económica

11.6.2015

3ª prorroga ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril Alcer para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo.

634.792,56 €

(bianual)

20.6.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia.

105.600,00 €

20.6.2015

10º acordo de prórroga do concerto subscrito entre a USC e o Servizo Galego de Saúde publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001.

3.898.199,77 €

(bianual)

1.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e os Laboratorios Glaxosmithkline, S.A. (GSK) sobre aplicación de vacinas.

Sen achega económica

20.7.2015

9º acordo de prórroga do concerto subscrito entre a UDC e o Servizo Galego de Saúde publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001.

909.952,86 €

(bianual)

1.7.2015

9º acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001.

63.297,00 €

(bianual)

1.7.2015

Protocolo xeral de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Cruz Vermella Española (Galicia).

Sen achega económica

7.7.2015

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se regulan as encomendas de xestión ou encargos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no ámbito da contratación pública en materia de obras de infraestruturas sanitarias.

Sen achega económica

15.7.2015

Convenio específico para o ano 2015 do Protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación para o Plan nacional sobre drogas) e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

31.7.2015