En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, intentada a notificación sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas as interesadas poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (avenida de Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), para teren coñecemento do contido daquela, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, advertíndolles que, de non se facer así, se terán por notificadas cos efectos que correspondan.
A Coruña, 1 de setembro de 2015
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR348A 2011/53-1
Nome ou razón social: Invergalia Activos, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Zeus, 7, O Pazo do Río, 15172 Oleiros, A Coruña.
Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 3, do anexo A da orde de convocatoria.
Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 3, do anexo A da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR348A 2011/75-1.
Nome ou razón social: Coruñesa de Suministros Industriales, S.L.U.
Último enderezo coñecido: rúa Ermita, 6, polígono industrial A Grela, 15008 A Coruña.
Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 3, do anexo A da orde de convocatoria.
Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 3, do anexo A da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR348A 2011/324-1.
Nome ou razón social: Fontnatura, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 32, entresollado, 27001 Lugo.
Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 3, do anexo A da orde de convocatoria.
Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 3, do anexo A da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR348A 2011/439-1.
Nome ou razón social: Tomé Gestión Inmobiliaria, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Linares Rivas, 6-7, 8º (Consultores Tributarios Asociados), 15004 A Coruña.
Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.
Preceptos infrinxidos: base sétima, punto 1, do anexo A da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
