Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37264

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de setembro de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Por Orde do 1 de abril de 2015, publicada no DOG número 76, do 23 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 1 de abril de 2015 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o adxudicatario do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da consellería onde obteña novo destino o funcionario, poderá conceder unha prórroga de incorporación de ata un máximo de vinte días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicita o interesado por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Piñeiro Tubío, Xosé Alberte.

NRP: 4481506035 A2052.

Grupo: A/A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio de Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos forestais.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Coordinación.

Código: MR3010000215770024.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

Localidade: Santiago de Compostela.