Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37596

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos coas federacións deportivas galegas durante o segundo cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte coas federacións deportivas galegas durante o segundo cuadrimestre de 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

6.7.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Automobilismo para a organización dos campionatos galegos de rallys (rally asfalto, rallymix e rally montaña) no ano 2015.

103.500,00 €

S.X. Deporte: 94.000,00 €

F.G.A.: 9.500,00 €

10.7.2015

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Liga Noroeste con motivo da organización da Liga Galega de Traíñas masculina e feminina da tempada 2015.

74.800,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Ciclismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Judo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Loita para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Natación para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Piragüismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Remo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Rugby para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Tiro con Arco para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

12.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2015, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

- 9.000,00 €

29.6.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Vela para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2015, 2015 e 2016 (Programa Río 2016-Xogos Olímpicos).

0,00 €

27.5.2015

Acordo de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral da Presidencia para a promoción e desenvolvemento do deporte de vela na Comunidade Autónoma galega.

30.000,00 €