O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante
o primeiro cuadrimestre do ano 2015
|
Convenio |
Importe total do convenio |
Data da sinatura |
|
Convenio entre o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos). |
44.500,00 € |
13.5.2015 |
|
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de prácticas académicas externas, sen prestación económica, de alumnos do máster universitario en Enxeñaría Ambiental (2ª ed.). |
Sen custe económico |
12.6.2015 |
|
Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e o Concello de Marín para a execución e o financiamento de infraestruturas hidráulicas no concello de Marín. |
6.656.920,63 € |
15.6.2015 |
|
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro. |
1.310.834,16 € |
30.7.2015 |
|
Convenio de colaboración entre entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para o cofinanciamento das obras de ampliación da EDAR do Barco de Valdeorras. |
100.000,00 € |
24.8.2015 |
