Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38332

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do reaxuste da delimitación do POL-RB2.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 17 de xullo de 2015, acordou aprobar inicialmente o reaxuste da delimitación do polígono POL-RB2 Estaleiro As Xubias, API S35 do PXOM 2013, promovido por Altamira Santander Real Estate, S.A. (expediente 631/151/2014).

O expediente sométese a exposición pública polo prazo de vinte días, contados a partir da última publicación deste anuncio. O documento aprobado inicialmente pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza Indalecio Prieto, 1-3) ou na web do concello: www.coruna.es/urbanismo exposición pública.

A Coruña, 7 de agosto de 2015

P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda