Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da concesión de ocupación dun espazo de dominio público para escola infantil no edificio do Hospital do Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada (expediente AB-EIP1-15-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida de Vigo 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: AB-EIP1-15-011.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: ocupación dun ben de dominio público.

b) Descrición: concesión de ocupación dun espazo de dominio público para escola infantil no edificio do Hospital do Salnés, pertencente á Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1º. Domicilio: r/ Hospital do Salnés 30.

2º. Localidade e código postal: Vilagarcía de Arousa 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 80110000-8; 85312110-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon anual mínimo de explotación: 1.000 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 6.000 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Domicilio: r/ Loureiro Crespo 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: avenida de Vigo 16-1ª planta.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase o prego de cláusulas administrativas.

Pontevedra, 24 de agosto de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés