Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38364

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule Magdeburg-Stendal (Fh) (Alemaña).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, y establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule Magdeburg-Stendal (Fh) (Alemaña) que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 21 de setembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule
Magdeburg-Stendal (Fh) (Alemaña)

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

36

Optativas (OP)

24

Prácticas externas (PE)

15

Traballo fin de máster (TFM)

15

Créditos totais

90

3. Contido do plan de estudos.

Organización temporal/universidade

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Curso

1º Cuadrimestre

Universidade da Coruña

Planificación Hidrolóxica e Proxectos

6

OB

Sistemas de Abastecemento e Saneamento

6

OB

Fisicoquímica e Calidade de Auga

6

OB

Hidráulica Experimental I

6

OP

Hidráulica Computacional I

6

OP

Tratamento de Auga e Eficiencia Enerxética

6

OP

Enxeñaría da Auga Subterránea

6

OP

2º Cuadrimestre

Hochschule Magdeburg-Stendal

Planificación Hidráulica e Proxectos

6

OB

SIG e Hidroloxía

6

OB

Ecoloxía de Restitución

6

OB

Hidráulica Experimental II

6

OP

Hidráulica Computacional II

6

OP

Morfoloxía Fluvial

6

OP

Biotecnoloxía da Auga

6

OP

3º Cuadrimestre

Universidade de elección entre as universidades participantes

Prácticas externas

15

PE

Traballo fin de máster

15

TFM

No 1º e 2º cuadrimestre do 1º curso o alumnado debe elixir dúas materias optativas entre as catro ofertadas cada cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Enxeñaría da Auga, o alumnado deberá superar 90 créditos distribuídos de acordo con punto 2, tendo en conta que debe respectar a correspondencia organización temporal/universidade indicada no punto 3.