En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 13 de xullo),
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2015
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de xustiza. |
3.5.2015 |
8.160,00 € |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública, e as consellerías de Traballo e Benestar, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de atención temperá. |
1.6.2015 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Valedor do Pobo, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
9.6.2015 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
17.7.2015 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
6.8.2015 |
Sen achega económica |
Acordo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para a formación en lingua galega do persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia ao servizo da Administración de Xustiza para o ano 2015. |
10.8.2015 |
24.220,00 € |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Club Financiero de Santiago, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. |
26.8.2015 |
Sen achega económica |