De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Clemente Álvarez Alonso o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 30 de xullo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio nº 4, sito en Cortegada, relativo ao proxecto 01446, expediente 2014/001029, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación á persoa expropiada, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01446-polígono 1 do parque empresarial de Cortegada no monte Picoñas-Estrada OU-801. TM Cortegada.
Nº de expediente: 2014/001029.
Persoa que se notifica: Clemente Álvarez Alonso.
Expropiante: Concello de Cortegada.
Expropiada: CMVMC de Picoñas, Chan de Paraños e Carregal.
Beneficiario: Concello de Cortegada.
Predio nº: 4.
Concello: Cortegada.
Provincia: Ourense.
Valoración resolución do xurado: 4.489,36 €.