Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, para a contratación do servizo consistente na dirección da execución das obras de construción do novo edificio xudicial na cidade de Pontevedra (expediente 2015-SESE 39–PL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32 e 981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos: natalia.lobato.mosquera@xunta.es ou
juan.pintos.martinez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23476

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 13 de novembro de 2015.

d) Número do expediente: 2015-SESE 39–PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na dirección da execución das obras de construción do novo edificio xudicial na cidade de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: inmoble da unidade de actuación núm. 24 do PXOU A Parda, rúa Francisco Tomás y Valiente s/n.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36004.

e) Prazo de execución: o indicado na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 71200000-0 servizos de arquitectura e servizos conexos, 71210000-3 servizos de asesoramento en arquitectura, 71221000-3 servizos de arquitectura para edificios

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 210.844,25 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 191.676,59 €. Importe total: 231.928,68 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non .

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 de novembro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sala de xuntas D do Complexo Administrativo San Caetano, Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, a apertura do sobre B, documentación relativa aos criterios non avaliables de forma automática, terá lugar ás 12.30 horas do día 23 de novembro de 2015. O lugar, o día e a hora de apertura do sobre C, documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas, indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de outubro de 2015.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza