Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39509

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se anuncia a exposición pública da relación definitiva de admitidos e excluídos e se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 17 de xuño), acordouse, de conformidade co disposto nas bases sexta punto 5 e oitava punto 1 da mencionada resolución:

Primeiro. Facer pública a relación definitiva de admitidos e excluídos para a realización das mencionadas probas e proceder á exposición pública da referida lista definitiva na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais da dita consellería, da Dirección Xeral de Mobilidade.

Segundo. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse na data e nos horarios que a seguir se indican:

– Luns 19 de outubro de 2015.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención todas as clases: 15.30 horas.

Renovación todas as clases: 16.30 horas.

Renovación clase 1: 15.30 horas

Obtención materias líquidas: 17.30 horas

Renovación materias líquidas: 18.30 horas.

Renovación clase 7: 16.30 horas.

– Martes 20 de outubro de 2015.

Obtención clase 2: 15.30 horas.

Renovación clase 2: 16.30 horas.

Obtención clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 17.30 horas.

Renovación clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18.30 horas.

Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.

Obtención todas as clases: 17.30 horas.

Renovación todas as clases: 18.30 horas.

Terceiro. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Cuarto. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e resultará excluído da súa realización quen non compareza no dito momento.

Quinto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade. En caso contrario, non se lles permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios a aqueles candidatos que carezan da referida documentación. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sétimo. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, o ADR ou RID e máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Mercedes López Caneda
Presidenta do tribunal