Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39436

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 8 de outubro de 2015 pola que se dispón o nomeamento do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

O artigo 31.1 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para dar cumprimento ao disposto no dito precepto, o Consello da Xunta de Galicia acordou, o 16 de setembro de 2010, facultar o titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación dos presidentes das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado en Galicia.

En consecuencia,

DISPOÑO:

O nomeamento de Enrique César López Veiga como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar