Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN407A 2015/243-1).

Expediente: IN407A 2015/243-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT MEA-826 derivada a CT Regos dos Sapos.

Concellos: Mañón e Ortigueira.

Características técnicas:

Reforma da liña de media tensión MEA-826 entre os apoios nº 117/44 e nº 117/64, a 20 kV, cunha lonxitude de 2,772 km, con orixe no apoio nº 117/44 existente no tramo da derivada ao CT Rego dos Sapos, proxectándose 13 apoios e condutor tipo LA-56 mm2 Al.

Centro de transformación Rego dos Sapos intemperie sobre apoio de formigón, que substitúe o existente, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña