Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/095-1).

Expediente: IN407A 2014/095-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: anexo 1 do proxecto de recuamento LMT San Pedro de Visma.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O 14.5.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 125, do 6 de xullo de 2015 e no BOP núm. 126, do 22 de xuño de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación do proxecto máis o anexo 1:

• Tramo liña de media tensión soterrada SPV-707, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,046 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914), en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SPV-707, no tramo entre a derivada ao CT particular Chatarrería Mata e o CT Fernando Macías (expte. 7.474), despois de realizar entrada e saída no CS Chatarrería Mata (proxectado).

• Centro de seccionamento prefabricado, compacto manobra exterior, cun conxunto de celas compactas 3L con illamento SF6.

• Liña de media tensión soterrada a CT Chatarrería Mata, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, coa orixe no centro de seccionamento Chatarrería Mata (proxectado), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar en apoio nº 1 existente, situado no recinto da subestación de San Pedro de Visma, onde actualmente se realizan os pasos aerosubterráneos das catro liñas existentes que se van retirar.

• Liña de media tensión aérea a CT Chatarrería Mata, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,227 km, coa orixe no apoio nº 1, existente situado no recinto da subestación de San Pedro de Visma, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final en apoio nº 3 existente da LMT SPV-707 onde actualmente se realiza a derivación ao CT particular Chatarrería Mata.

• Liña de media tensión aérea C.C. SPV-707/SPV-709/SPV-710/SPV-711, que se vai retirar, cunha lonxitude de 0,856 km, coa orixe no apoio nº 1, existente situado no recinto da subestación de San Pedro de Visma, onde actualmente se realizan os pasos aerosubterráneos das catro liñas existentes que se van retirar, condutor LA-145, e final en apoio nº 7 de celosía metálica para retirar, onde actualmente se realizan os pasos de aéreo a subterráneo das catro liñas que se van retirar.

• Tramo liña de media tensión soterrada SPV-709, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SPV-709, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914) e o CT Manuel Mergía-Fte. Agra (expte. 38/99).

• Tramo liña de media tensión soterrada SPV-710, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SPV-710, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914) e o CT Comandante Barga (expte. 34.070).

• Tramo liña de media tensión soterrada SPV-711, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,034 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914), en condutores RHZ1-2OL (S)-12/20 kV. 3(1×240) Al; RHZ1-2OL-12/20 kV. 3×(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SPV-711, no tramo entre a subestación de San Pedro de Visma (expte. 28.914) e o CS Conservatorio.

O orzamento da instalación segundo proxecto (proxecto e anexo 1) é de 449.373,32 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña