Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo da modificación dos estatutos sociais da entidade Ourensana de Servicios Integrais, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas (Decreto 430/2001, do 18 de decembro), faise público que este departamento territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Ourensana de Servicios Integrais, S. Coop. Galega, acordada en asemblea xeral do 14 de maio de 2015. Consta o novo domicilio social na rúa Río Sil, nº 39, 4º, porta C, en Ourense; código postal 32001.

Ourense, 16 de setembro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense