Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (111/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Martínez Lusquiños contra Coldbox & Hot, S.L. sobre ordinario, se ditaron, con data do 16.06.2015, as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 158/2015, ditada con data do 15.4.2015, no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co nº de autos 592/14 a favor da parte executante José Ramón Martínez Lusquiños, fronte a Coldbox & Hot, S.L., parte executada, por importe de 5.401,51 euros de principal (dos cales 4.910,51 euros corresponden á cantidade obxecto de condena na sentenza e 491 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 540 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Coldbox & Hot, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicación informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

Con data do 3 de setmbro de 2014 ditouse decreto en que se acorda:

a) Declarar o executado Cold Box & Hot, S.L. en situación de insolvencia por importe de 5.401,51 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Coldbox & Hot, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial