Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña de loita contra o furtivismo dos produtos do mar de Galicia (3 lotes), procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 75 % (expediente 26/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña de loita contra o furtivismo dos produtos do mar de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22468

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 16 de maio, BOE do 26 de maio e DOG nº 104, do 4 de xuño de 2015.

e) División por lotes e número: si.

Lote nº 1: edición de material publicitario; lote nº 2: valados e lote nº 3: plan de medios.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 650.000 €; IVE (21 %): 136.500 €. Importe total: 786.500 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 650.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo da Pesca (eixe/medida 3.4).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote 1: edición de material publicitario.

a) Data da resolución de adxudicación: 4 de agosto de 2015.

b) Adxudicataria: Gráficas Anduriña, SCG.

c) Importe: 6.000 € (sen IVE). IVE 21 %: 1.260 €. Importe total: 7.260 €.

d) Data de formalización do contrato: 4 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

• Lote 2: valados.

a) Data da resolución de adxudicación: 4 de agosto de 2015.

b) Adxudicataria: Galicia Media, S.L.

c) Importe: 39.999,75 € (sen IVE). IVE 21 %: 8.399,95 €. Importe total: 48.399,70 €.

d) Data de formalización do contrato: 9 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

• Lote 3: plan de medios.

a) Data da resolución de adxudicación: 4 de agosto de 2015 (corrixido erro material mediante Resolución do 24 de agosto de 2015).

b) Adxudicataria: Canle de Comunicación, S.L.

c) Importe: 585.365,85 € (sen IVE). IVE 21 %: 122.926,83 €. Importe total: 708.292,68 €.

d) Data de formalización do contrato: 17 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar