Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de setembro de 2015 pola que se notifica apercibimento previo á execución forzosa da Resolución do 28 de setembro de 2001 ditada no expediente 10.15/89 e dous máis, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 12 de decembro de 2012, ditou resolución mediante a que se require a Marta Díaz Lorenzo e aos seus habentes causa, para que proceda ao cumprimento da orde de restitución contida na resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente de data 28 de setembro de 2001 (expedientes núms 10.15/89, 63.3/98 e 63.6/00), apercibíndoo de que, no caso de incumprimento daquela, procederase á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Marta Díaz Lorenzo mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito apercibimento por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística