Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39837

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 5458/2015.

O Pleno do Tribunal Constitucional, mediante providencia do 6 de outubro actual, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade núm. 5458/2015, promovido polo presidente do Goberno contra os artigos 5.dos (que modifica o artigo 27.5 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo) e 84 da Lei de Galicia 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso –30 de setembro de 2015– para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, 6 de outubro de 2015

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional