Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39865

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (173/2013).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 173/2013, seguido por instancia de Banco Santander, S.A. contra Elisabeth Iglesias Sánchez e Edelmiro González Varela, e ditouse sentenza, con data do 24 de outubro de 2013, cuxo encabezamento é o seguinte:

Sentenza:

Lalín, 24 de outubro de 2013.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario número 173/2011, por instancia do procurador Sr. Nistal Riádigos, en nome e representación da entidade mercantil Banco Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Montserrat Martínez, contra Elisabeth Iglesias Sánchez e Edelmiro González Varela, en situación de rebeldía procesual.

E na súa resolución, consta:

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma e advírtase de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que non será admitido a trámite de non acreditar a parte interesada que constituíu o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e aqueles que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos, lévese a presente ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lalín, 31 de xullo de 2015

O/a secretario/a xudicial