Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da subministración de combustible de calefacción (gasóleo C) para diversos centros do concello.

Na Xunta Local de Goberno do 1 de setembro de 2015 aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións da subministración de combustible e calefacción (galóleo C) para diversos centros do concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

Obxecto do contrato: subministración de combustible de calefacción (gasóleo C) para diversos centros do concello.

2. Duración da subministración: dous anos con posibilidade de prórroga por outro máis.

3. Procedemento: aberto.

4. Tipo licitación: 60.000 euros/ano, ao cal se lle engadirá o IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos, rúa Reguengo, 1, Petelos, 36416 Mos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 26 días hábiles desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, no Rexistro Xeral do Concello, ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán nun sobre pechado que expresará xunto co nome do licitador, enderezo e nº de teléfono e fax, a inscrición «Proposición para a subministración de combustible de calefacción (gasóleo C) para diversos centros do concello», coa documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: o 6º día hábil seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións.

Mos, 7 de setembro de 2015

P.D.
Alberto Méndez Lago
Alcalde accidental