Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2015/156-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono Industrial Chan da Ponte, parc. 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: CT Arantei-A Grela.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na Agrela, Arantei, Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra