Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2015/249-1).

Expediente: IN407A 2015/249-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS, CTC e RBT Perlío, Campo Festa.

Concello: Fene.

Características técnicas:

Reforma do centro de transformación avenida de Tarrío tipo prefabricado de manobra exterior, transformador existente de 630 kVA, relación de transformación de 15.000/400 V, substitúese o conxunto de celas por un novo conxunto 3L+1P e instálase unha ampliación para o cadro de BT.

Demolición de caseta de ladrillo e desmontaxe de transformador existente do CT Perlío Campo Festa (expediente 6976).

Primeiro tramo de liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, en condutor RHZ-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, coa orixe na cela de liña que se vai instalar no CT avenida de Tarrío (expediente 247/07) e final nos empalmes que se van realizar na LMTS ASN-706 no tramo entre o CT Perlío Campo Festa (expediente 6976) que se vai retirar e o CT Eduardo Neira (expediente 480/06).

Segundo tramo de liña de media tensión subterránea a 15 KV, cunha lonxitude de 0,057 km, en condutor RHZ-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe na cela de liña que se vai instalar no CT avenida de Tarrío (expediente 247/07) e final nos empalmes que se van realizar na LMTS ASN-706 no tramo entre o CT Perlío Campo Festa (expediente 6976) que se vai retirar e o CT Perlío (expediente 290/02).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña