Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de setembro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente VP-C 26/15.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 23 de setembro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 26/15.

Denunciado: Francisco Fernández Cortés.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.