Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40281

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15.

De conformidade co establecido no artigo 10 e na disposición derradeira primeira da Orde do 24 de xullo de 2015, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15 (DOG do 21 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos participantes nos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal:

Presidenta:

M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• María del Carmen Areán Vázquez, inspectora educación.

• María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de educación.

• María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de educación.

Secretario:

Miguel A. Rodríguez Méndez, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.