Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40321

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (747/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 747/2014 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Yaneth Torrado Arévalo, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel, Cleice Marinho de Souza, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 23 de setembro de 2015

O anterior escrito subscrito polo letrado da Administración da Seguridade Social en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Líbrese edicto ao DOG co fin de notificar a presente resolución a Agnieszka Girejko, Andrea Poledna, Cleice Marinho de Souza, Lilian Rocío Pico Martínez e Janete López Pimentel.

Ao outrosí digo téñense por feitas as manifestacións neste contidas e líbrese oficio ao Tribunal Superior de Xustiza das Palmas de Gran Canaria co fin de que se remita a esta sala testemuño da sentenza de data 22.5.2013 ditada no RSU 338/2013, con expresión da súa firmeza.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que a resolución desta sala ten sido recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Agnieszka Girejko, Andrea Poledna, Cleice Marinho de Souza, Lilian Rocío Pico Martínez e Janete López Pimentel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial